A chuvia desloce o popular San Migheleiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A pesar da aparición da auga durante toda a xornada, centos de marinenses desafiaron a chuvia para atreverse co popular San Migheleiro.
Ataviados coa tradicional camiseta de raias, os participantes da ruta festiva polos bares da vila comezaron o seu particular celebración en honor a San Miguel ás 11:30 da mañá, hora fixada para o inicio oficial do evento.
Preto de 50 establecementos hostaleiros adheríronse na presente edición, a XXIII do Maratón San Migheleiro, nunha peregrinación que tiña establecidos cinco niveis diferenciados na que se agrupaban diferentes bares en función da hora do día.