O barrio de Colonia Pina en Salcedo ofrece unha nova imaxe
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5245abd382032-foto_c-3.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5245ac1f318aa-foto_c-1.jpg)
© Concello de Pontevedra
Cun investimento total de 60.000 euros, o Concello de Pontevedra reformou o barrio de Colonia Pina, situado na parroquia de Salcedo. Esta reforma permitiu cambiar radicalmente o aspecto desta zona trasladando, segundo o goberno local, os estándares de calidade urbana que existe no resto da cidade.
Os traballos centráronse no asfaltado da rúa de acceso ao barrio coa instalación de dous pivotes que impiden a entrada dos vehículos á rúa por expresa petición dos veciños, segundo informan dende o equipo de goberno de Pontevedra.
A rúa encontrábase en tramos asfaltada e noutros tramos con terra. Agora conta cun empedrado similar ao das rúas peonís da cidade. Ademais mellorouse a rede de saneamento do barrio.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visita durante a tarde deste venres a zona en compaña dos concelleiros Carmen Fouces e Demetrio Gómez.