Marcha Solidaria 700 camisetas para promover a doazón de médula ósea na loita contra a leucemia
Por Redacción
A asociación FranGil é un colectivo creado en 2017 co obxectivo de realizar accións para promover a doazón da medula ósea e de sangue do cordón umbilical. Entre estas actividades, desde o 24 de abril queren dar a coñecer o percorrido polo que discorre a Marcha Solidaria 700 camisetas contra a leucemia.
Trátase dun percorrido que leva 12 anos proposto coa idea de sensibilizar sobre as doazóns á poboación a través do movemento, xa sexa camiñando, correndo ou en vehículos adaptados formando parte do rexistro de doantes de medula ósea. Con este rexistro quérese axudar a salvar vidas de pacientes de leucemia ou calquera outra enfermidade hematolóxica.
A asociación presentou aos Concellos de Pontevedra, Vigo, Soutomaior e Redondela, a sinalización deste Camiño 700 que calquera persoa pode realizar. Son 36 quilómetros de roteiro, que se pode facer en calquera momento do ano, aínda que o colectivo propón un prazo entre o 24 de abril e o 25 de setembro, cunha inscrición de cinco euros.
É posible realizar un donativo a través do dorsal solidario e coa opción de adquirir produtos de merchandising como camisetas, cazadoras, panos ou pulseiras. Co diñeiro obtido fináncianse as "cartillas peregrinas", a través da web, e a marcaxe permanente de todo o percorrido que será presentado en próximas datas.
Relacionadas:
-
A marcha solidaria '700 camisetas contra a leucemia' di adeus: abre as inscricións para a súa última edición
Por Natalia Puga |
-
Máis de 500 persoas participan na marcha solidaria "700 camisetas contra a leucemia"
Por Redacción |
-
A marcha "700 camisetas contra a leucemia" unirá este domingo Vigo e Pontevedra
Por Redacción |