Unha condutora sae ilesa dun aparatoso accidente que obrigou a cortar de madrugada a VG-4.3 en Vilagarcía
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A vía de alta capacidade VG-4.3, que une Cambados con Vilagarcía, permaneceu ao redor de hora e media curta en sentido a á capital arousá durante a madrugada deste domingo 11 de abril debido a un aparatoso accidente de circulación.
O accidente, no que se viu involucrado un único vehículo, produciuse pouco despois das 6.00 horas da mañá no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
O coche, que saíu da vía e envorcou violentamente chegando despois a incendiarse, estaba pilotado por unha única ocupante, unha muller de 21 anos, que puido saír polo seu propio pé e que rexeitou recibir asistencia sanitaria, segundo confirmaron os servizos de emerxencia.
Pouco despois deu positivo no control de alcolemia ao que foi sometida.
Debido ao forte impacto e ao posterior lume no turismo, ao lugar acudiron diversos corpos de emerxencia como os Bombeiros do Salnés, o Servizo de Emerxencias de Cambados, Protección Civil de Vilagarcía, Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Vilagarcía, ademais dunha ambulancia do 061 e efectivos do servizo de mantemento de estradas.
O vial permaneceu cortado ata as 7.40 horas deste domingo, cando se puido restablecer a normalidade.