![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5244611901fd0-004.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Esquerda Unida rexeita a venda de NovaGaliciaBanco a intereses privados e reclama unha Banca galega pública
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O deputado do Parlamento autonómico Juan Manuel Fajardo e a coordinadora comarcal de EU de Pontevedra, Vanessa Angustia, explicaron na Praza de San José a necesidade dun novo modelo financeiro. Os representantes de Esquerda Unida reclaman unha banca pública galega para que o diñeiro dos aforradores de Galicia reverta sobre a comunidade.
Juan Manuel Fajardo lamenta a intención por parte do goberno de que NovaGaliciaBanco se venda a capital privado: "ÿ o atraco perfecto. Aquí estamos nunha trama organizada polo Partido Popular para trasladar 9.000 millóns de euros que son os cartos dos veciños á banca privada. ÿ necesaria unha banca pública en Galicia". Neste sentido sinalou que "as empresas non teñen capacidade de crédito. Pecharon un 28% de empresas e foi pola falta de acceso a crédito".
Fajardo denuncia que o diñeiro se está a destinar a determinados intereses: "Se retiran 33.000 millóns de euros aos pensionistas e se gastan 9.000 millóns de euros para darllo a un banco que despois se vende a prezo de saldo. O PP prefire utilizar os cartos para beneficiar os que despois financian ao Partido Popular, non hai máis que ver que eses grandes bancos son os que despois, pola parte de atrás, contratan a ex ministros ou pagan as contas en B do PP. ÿ unha indecencia e non vamos a consentilo".
O deputado autonómico anunciou que van intentar sensibilizar os cidadáns para esixir o banco público galego e sinalou que a través de AGE levarán a proposta ao Parlamento de Galicia.
O deputado do Parlamento de Galicia reclama un banco público galego
Juan Manuel Fajardo. Deputado de AGE do Parlamento autonómico
CC BY-NC-SA PontevedraViva