Ingresan en prisión dous dos tres detidos por trapichear con éxtase, marihuana e haxix
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Comisaría da Policía Nacional de Pontevedra, procederon á detención de tres individuos de 45, 30 e 36 anos de idade, dous deles con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
Os feitos tiveron lugar o día 23 de setembro, cando se recibiu unha información na que se decataba de movementos sospeitosos que poderían estar relacionados coa venda ao miudo de substancias estupefacientes.
Coa información recibida, os investigadores, unha vez que se acumularon suficientes indicios sobre a ilícita actividade que se estaba a cometer, procederon á detención dun dos individuos e á incautación de varias bolsas que contiñan no seu interior: 4.605 gramos de haxix en placas e landras, 699.3 gramos de MDMA (éxtase), 22 gramos de marihuana, unha báscula de precisión, seis teléfonos móbiles.
Seguindo co curso das investigacións os axentes descubriron que xunto co detido habería outros dous individuos dedicándose ao tráfico de drogas. Por iso dispúxose a súa localización que culminou coa detención o día 23 sobre as 18.50 horas da tarde dun deles e ás 22.45 horas do segundo. Tras declarar en dependencias policiais foron postos a disposición da Autoridade quen decretou o inmediato ingreso en prisión de dous dos detidos.
A investigación denominada Operación Vendetta foi levada a cabo polo Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes e a Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Pontevedra.