![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b9a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/605c8e515d-20200325-patxot-alimnos-valle-inclan-videoconferencia-colegio-sao-paulo-1274.jpg)
© Mónica Patxot
RADIO.- Mentres isto dure: Consellos anti covid-19 chegan ata Sao Paulo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b3e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/605c8e65de-20200325-patxot-alimnos-valle-inclan-videoconferencia-colegio-sao-paulo-1275.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6c7/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/605c8e7d6c-20200325-patxot-alimnos-valle-inclan-videoconferencia-colegio-sao-paulo-1276.jpg)
© Mónica Patxot
Brasil sitúase como segundo país no mundo con maior número de casos de COVID-19 actualmente. Alumnado do Instituto Valle Inclán asistía durante dúas xornadas a varias sesións telemáticas con estudantes do Colexio Español Miguel de Cervantes de Sao Paulo para explicarlles como se viviu a pandemia e como volveron ás aulas neste curso.
Trátase dun centro de titularidade mixta co Goberno español. Nestes encontros virtuais participaron alumnos pontevedreses de segundo de Bacharelato e de noveno curso, correspondente a terceiro de ESO en España.
A actividade correspondía á materia de Análise de Discurso; ademais de completar o currículo desta materia a proposta lectiva pretendía o fomento da solidariedade, ser conscientes da globalización e no caso dos estudantes brasileiros tamén adquirir coñecementos sobre a importancia desta pandemia e asumir medidas de prevención.
Neste primeiro programa - que reproduce dous das catro sesións - participaron como expositores: Raúl Pereiras Sanmartín, Mario Luis Francisco González, Lucía Álvarez Calvo, Uxía Agís Doce, Néstor Martínez Busto, Germán Pérez Sabarís, Lara Reguera Acuña, Gabriella Gallego de Cassia e Kemilly Gabrielle Cardoso de Santos.
Durante o intercambio telemático, lembraron como discorreu a pandemia desde o inicio do confinamento, as sucesivas ondas coas súas correspondentes restricións, como foi a reincorporación ás aulas; e mesmo como viviron nalgúns casos a enfermidade eles mesmos e as súas familias.