O Banco de Alimentos reparte máis de 330.000 quilos de comida durante 2020 en Pontevedra e a súa contorna
Por Redacción
A Fundación Provincial Banco de Alimentos repartiu un total de 330.914 quilos de comida en Pontevedra e as súas comarcas durante o ano 2020, unha cifra que forma parte dos máis de 2 millóns de quilos de alimentos entregados en toda a provincia.
Trátase de case 100.000 quilos de alimentos máis con respecto ao ano 2019 cando desde da delegación pontevedresa distribuíronse 252.307 quilos de produtos entre as 40 ONG que traballan en Poio, Marín, Pontecaldelas, Caldas de Reis, Sanxenxo, Vilagarcía, Lalín, Arcade ou Cambados, entre outras localidades.
Polo seu volume de entrega sobresaen os os 68.322 litros de leite, 28.129 quilos de pasta e arroz, 22.146 litros de aceite ou os 11.389 quilos de peixe
O estalido e consecuencias da pandemia da Covid-19 incrementaron substancialmente a actividade da ONG a partir de marzo de 2020. Comezaron o ano atendendo a 5.000 persoas sen recursos atendidas en Pontevedra e a súa área de influencia, o avance da crise sanitaria incrementou nun 30 por cento o número de beneficiarios sen recursos.
Relacionadas:
-
O actor Pedro Alonso, "orgulloso" padriño do Banco de Alimentos para "reconectar con las cosas que importan"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Banco de Alimentos distribúe 20 toneladas de produtos ao mes na comarca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comida por camisetas da San Silvestre, unha campaña en favor do Banco de Alimentos
Por Redacción |