A "Operación asfalto" chega ao barrio da Santiña no Burgo
Por Redacción
A Policía Local elaborou un plan de tráfico para o asfaltado do barrio da Santiña, situado no Burgo que se centra na prohibición de acceso a esta zona dende Juan Bautista Andrade por Valentín Paz Andrade e Manuel Murguía. Só se autoriza o paso de residentes dende a Santiña a Juan Bautista Andrade por Paz Andrade. O tráfico poderá trasladarse dende a Santiña a Juan Bautista Andrade por Manuel Murguía.
As obras da Operación Asfalto que chegan a esta zona da cidade acometeranse este mércores 24 e o xoves 25. Trátase de traballos de conservación e reparación do pavimento en mal estado.
Dentro desta operación xa realizouse o asfaltado de Eduardo Pondal, a glorieta de Alexandre Bóveda, a avenida de Bos Aires, Conde Bugallal e Germán Adrio.
Tamén está previsto reparar nesta primeira fase tramos de Loureiro Crespo, Enrique Marescot e Prudencio Landin. O investimento é de 500.000 euros.