Deteñen dous mozos vigueses no Grove por levar enriba 500 gramos de marihuana
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil de O Grove imputou dous mozos veciños de Vigo por un delito contra a saúde pública. Se lles incautou uns 500 gramos de marihuana e unha elevada cantidade de diñeiro. Trátase dunha actuación, sinala o Instituto armado, que se enmarca dentro das actuacións que se veñen realizando para a erradicación da venda de estupefacientes na provincia.
Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, sobre as 02:30 horas deste martes, unha patrulla da Garda Civil de O Grove que se atopaba realizando un punto de identificación de persoas e vehículos, deu o alto a un vehículo Peugeot 406.
Ao achegarse os axentes ao turismo, para identificar aos seus ocupantes, notaron que este desprendía un forte cheiro a cannabis. Por iso, realizaron un rexistro do interior do mesmo, atopando no maleteiro do turismo un bote de cristal cunha substancia vexetal de cor verde, supostamente marihuana, xunto cunha bolsa de plástico de cor azul, no interior da cal había máis substancia das mesmas características.
Tras continuar co rexistro, tanto do vehículo como dos seus ocupantes, os axentes atoparon no asento posterior do mesmo unha bandoleira de cor negra, en cuxo interior había unha gran cantidade de moedas dun e dous euros en bolsas de plástico transparente.
Os identificados, ocupantes do Peugeot, foron J.M.P., de 23 anos, e H.M.C.B., de 22 anos. Ambos son veciños de Vigo. Entre as pertenencias persoais do primeiro había unha carteira con billetes de 50, 20 e 10 euros. Ademais, observouse que as súas mans presentaban residuos de cor verdoso, posiblemente por manipular as sustancias intervindas/intervidas.
A ambos se lles imputa un delito contra a saúde pública. Serán postos a disposición xudicial no Xulgado de Garda de Cambados, que tamén se fará cargo dos efectos e substancias aprehendidas.