Identificada unha parella de Vilagarcía por varios furtos en tendas
Por Redacción
A Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificou a un home e a unha muller tras cometer varios furtos nas tendas da zona comercial.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra, os axentes que se atopaban realizando labores de prevención da seguridade cidadá a pé foron alertados pola encargada dun dos establecementos onde unha muller acababa de subtraer un perfume.
Tras solicitar datos iniciaron unha batida pola zona e detectaron a presenza da muller acompañada dun home cando saía dun dos establecementos cunha peza na o man que o seu acompañante introduciu nunha bolsa.
Os axentes identificaron a ambos e ademais da peza que acababan de subtraer no interior da bolsa estaba o perfume do outro establecemento, un suadoiro dunha coñecida tenda e unhas zapatillas deportivas da mesma rúa comercial.
Os axentes policiais identificáronos e tratábase de dous veciños de Vilagarcía de Arousa de 40 e 27 anos de idade.
As pezas subtraídas estaban valoradas en máis de 200 euros. Unha vez identificados os axentes o entregaron unha citación para a celebración de xuízo rápido por furto.