O PP acusa a Lores de "no mover ni un dedo" ante o mal estado das piscinas de Campolongo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A situación das piscinas de Campolongo es "alarmante", según denuncia el Partido Popular. Os concelleiros César Abal e Jacobo Moreira desvelaron este luns a existencia dun informe técnico elaborado un mes antes das últimas eleccións municipais, que relacionaba medio centenar de deficiencias existentes nas instalacións. Fronte a esta situación critican que "Lores lo conocía y no hizo nada, no movió ni un dedo para solucionarlo".
O estudo, din os populares, detectou numerosas patoloxías nos sistemas eléctrico, de climatización e de subministro de auga, así como filtracións nos vasos da piscina, cuberta e muros, condensación en cerramentos, desprendementos de azulexos e pavimentos cerámicos, corrosión en parafusos, degradacións en revestimentos ou roturas en baixantes e pezas do sistema de pluviais.
O resultado é que tanto usuarios, unos 1.500 diarios, como traballadores do complexo "están sufriendo las consecuencias de esa dejadez", que segundo César Abal, por exemplo tivo como reflexo que este verán se deran temperaturas de 33 graos cun 90% de humidade, numerosas queixas relativas ao arrefriamento da auga dos vasos, á acumulación de humidade no chan en distintas áreas, á falta de presión en duchas e billas, á diminución da oferta de cursos en inverno ou ás carencias en relación á accesibilidade cara a zona das piscinas.
A situación "es tan extrema", asegura o PP, que apuntan a que a concesionaria elaborou un informe en xullo de 2012 no que se advirte que non pode garantir a adecuada conservación e funcionamento dos equipos, maquinaria e instalación porque teñen excedido en tres anos a súa vida útil. O que leva aos populares a afirmar que o goberno municipal "antepone el negocio que se quiere hacer conjuntamente con A Parda a la seguridad de los usuarios".
Os populares criticaron ademais la "teima" municipal con ligar o futuro das piscinas de Campolongo con A Parda, o que para Jacobo Moreira "va en linea con el sospechoso estilo que que caracteriza a la política contractual del alcalde Lores". E é que o portavoz do PP asegura que o actual contrato de Serviocio para Campolongo "fue renovado por cuarto año consecutivo de forma irregular" y existiendo deudas por parte de la concesionaria.
RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL
Desde o goberno municipal, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, recoñeceu que as piscinas de Campolongo teñen certas deficiencias "y por ello estamos elaborando un proyecto nuevo". Pero matizó que moitas desas patoloxías véñense arrastrando desde a súa apertura hai 20 anos. "El PP nos la vendió mal en su momento", explicou. "La obra nueva ya tenía muchas de esas deficiencias".
O proxecto conxunto para Campolongo e A Parda é "interesante" para o Concello "tras la espantada del PP" co centro lúdico
En todo caso, Agustín Fernández defendeu o proxecto conxunto para Campolongo e A Parda, unha operación "interesante", dixo, coa que se busca asumir unha obra "tras la espantada del PP". Recordou que en virtude do convenio de Pasarón, a Xunta debería ter construído o centro lúdico e deportivo da Parda "para el que el Concello por cierto adelantó 600.000 euros de los 700.000 que oficiosamente nos dicen que ha costado lo hecho".
"Tenemos que asumir la chapuza del Partido Popular", insistiu o concelleiro socialista, que pediu aos populares "más sensatez" e deixen de crear unha "alarma social innecesaria". "No puedo asumir que un líder que pretende ser alcalde o al menos candidato de su partido haga declaraciones de este estilo, porque se desprestigia él y a su partido, que es responsable de lo que ha pasado".
Ademais, ante a suxestión de irregularidades na tramitación do pliego de condicións para as piscinas de Campolongo e A Parda, Agustín Fernández asegurou que os populares "mienten" cando afirman que a actual adxudicataria está dirixindo o proceso, xa que o anteproyecto foi elaborado polo Concello. "Y si se tienen pruebas de ello que vayan a un juzgado y me denuncien, porque me están acusando de un delito", concluiu. "Yo encantado de que lo hagan. Que me lleven".