A Lama mellora os accesos ao núcleo rural de Taboadelo
Por Redacción
Os traballos de renovación do pavimento na localidade de Taboadelo, na parroquia de Barcia do Seixo na Lama, recibiron este mércores a visita do alcalde do municipio, Jorge Canda, e os concelleiros David Carrera e Domingos Ramos.
A obra, executada con cargo ao superávit dos orzamentos municipais, supuxo en reto ao ter que empregar maquinaria diferente para facer fronte á estreiteza dalgúns tramos da vía.
O obxectivo do goberno local era o de dar resposta ás demandas dos veciños deste núcleo rural, que solicitaban unha actuación integral para resolver os problemas ocasionados polo desgaste do pavimento como consecuencia do paso de vehículos e as inclemencias do tempo.
A intervención serviu tamén para mellorar o sistema de drenaxe nalgúns lugares e canalizar as augas da choiva.
"Actuacións destas características son necesarias acometer periódicamente para manter en perfecto estado os accesos aos núcleos rurais e ás propias vivendas. A Lama ten máis de 90 núcleos rurais e non podemos atender todos a un mesmo tempo polo que temos que ir resolvendo estes problemas a través dun plan de actuacións nos que primamos os máis urxentes", dixo o rexedor.