Medio Ambiente conclúe os traballos de limpeza e conservación nos ríos Gafos, Tomeza e Pintos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, executou unha actuación de mellora, conservación e mantemento dos ríos Tomeza, Pintos e Gafos ao seu paso polo Concello de Pontevedra.
En total, melloráronse case 2,5 quilómetros de curso fluvial. Concretamente, no caso do río Tomeza a actuación levouse a cabo dende o lugar de Lusquiños ata a confluencia co río Pintos. No caso do río Pintos, a mellora desenvolveuse no tramo que discorre dende o vial EP-0002 ata a desembocadura no Río Tomeza. E por último, no río Gafos, a mellora executouse dende a confluencia do río Pintos en Tomeza ata a zona da parte baixa da estación de autobuses.
Estes traballos implicaron un investimento de máis de 20.000 euros e consistiron na retirada de varias árbores caídas ao leito do río e outros restos vexetais, así como a recollida de residuos e o seu traslado ao xestor autorizado.