Pecha TODO
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A cafetería TODO pecha as súas portas. Logo de 30 anos aberto ao público o establecemento botou o peche este luns 29 de outubro.
Os últimos cafés e cañas de TODO servíronse o domingo. Os clientes que quixeron sentar na 'mítica' cafetería da rúa Rosalía de Castro atopáronse coa persiana pechada.
Un cartel esperáballes na porta. Donos e traballadores querían lanzar unha última mensaxe de gratitude: "A todos os nosos clientes e amigos, 'Moitas Grazas' por tantos anos de fidelidade".
O peche de TODO logo de tres décadas de historia supón tamén o despedimento dos seus tres empregados. Fontes próximas ao local indicaron que, como en tantos outros negocios, a crise económica e a redución substancial dos ingresos foron os desencadenamentos do peche.
Aínda que o local no que está situado, na esquina entre as rúas Rosalía de Castro, Raíña Vitoria e Pastor Díaz, é da súa propiedade, o dono non vende as suficientes consumicións a final de mes como para manter o negocio.