O campo de fútbol de Carballedo terá herba artificial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobará este venres, na súa xunta de goberno, un convenio co Concello de Cotobade para dotar de céspede artificial ao campo de fútbol municipal de Carballedo. A obra suporá unha inversión de 488.311 euros.
A aprobación do traballo responde a unha promesa eleitoral que levaba no seu programa o alcalde, Jorge Cubela, en vista das deficiencias que presenta o actual campo de fútbol de Carballedo.
Despois de diversas xestións para acadar a financiación precisa, Cubela consigueu o compromiso do presidente da Deputación, Rafael Louzán, para asinar o convenio que permitirá acometer unha obra que ven a cumprir unha vella aspiración de Cotobade.
Este campo, o único de titularidade municipal do concello, ainda que esisten seis máis, tén un notable uso das súas instalacións pois é utilizado por 250 deportistas á semana. Nel practican o fútbol 100 nenos das Escolas Deportivas Municipais, xoga e entrena o equipo federado de Cotobade, entrena o CF. Caroi e xogan tamén tres equipos de veteranos: o San Xurxo, o Tenorio e o Carballedo.
A Deputación prevé rematar a obra de instalación de céspede artificial este mesmo ano. Ao mesmo tempo, dotaráse o estadio doutros elementos precisos para unha axeitada práctica do deporte, como son iluminación, etc.
A inversión final será financiada ao 70% pola institución provincial (341.818 euros) e ao 30% polo Concello de Cotobade (146.493 euros).