Detida unha muller por usar unha tarxeta de crédito sen consentimento do seu propietario
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra procederon á identificación e detención dunha muller de 30 anos de idade, natural de Romanía, como presunta autora dun delito de estafa usando fraudulentamente unha tarxeta.
Os feitos foron denunciados o pasado día 19 de setembro por un home que declaraba que alguén tería utilizado a súa tarxeta bancaria sen o seu consentimento coa que terían retirado ata un total de 500 euros. Tras contactar os axentes co departamento de seguridade da entidade bancaria púidose comprobar diversas retiradas de efectivo, ata cinco extraccións, dous de 150 euros e dous de 100 euros.
Despois de diversas xestións os axentes descubriron a identidade da persoa que retirara o diñeiro, polo que tras ser localizada o día 18 de setembro ás 18.45 horas, procederon á súa identificación e detención. Na súa declaración, afirmaba ter retirado diñeiro da conta do denunciante sen ningún tipo de autorización, prevaléndose da súa confianza. Por todo iso os axentes detivérona por un delito de estafa.