A estrada EP-8305 en Campo Lameiro vai a ser renovada pola Deputación
Por Redacción
Cun orzamento de 82.200 euros, a Deputación de Pontevedra iniciará proximamente a renovación da estrada EP-8305 Chacente-Morillas-San Isidro, ao seu paso pola contorna do núcleo de Moimenta, no concello de Campo Lameiro.
A actuación, que acaba de saír a licitación, desenvolverase nun treito de case medio quilómetro e ten como obxectivo a reforma na plataforma do viario nun tramo e unha nova xestión do tránsito dos vehículos, a fin de mellorar tamén a mobilidade peonil.
Así, nesta obra inclúese a rehabilitación do firme, a substitución dun muro, a instalación de redutores de velocidade e a renovación da sinalización viaria.
Máis polo miúdo, substituirase na súa totalidade nun muro de mampostería que se atopa en estado de abombamento, por un novo de cachotes de granito.
Este muro será executado de acordo coa tipoloxía existente e a súa construción obrigará a recompoñer o paquete de firme demolido pola súa escavación.
Disporanse tres redutores de velocidade nas zonas máis estreitas e acometerase a sinalización viaria, tanto horizontal como vertical, mediante marcas lonxitudinais e de superficie viarias, sinais reflectantes verticais viarias e captafaros retroreflectantes tipo ollo de gato.