Concentración na Praza da Peregrina para reclamar a liberdade de 5 presos cubanos en Estados Unidos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/52345c8f30d0f-dscn4697.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5234770917b84-dscn4706.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Arredor dun cento de persoas sumáronse á concentración organizada pola Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil para reclamar a liberdade para cinco cubanos que se encontran presos en Estados Unidos.
Segundo os organizadores, Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González foron detidos en 1998 cando buscaban información sobre grupos terroristas cubanos afincados en Miami que causaran a morte en 1976 de 73 pasaxeiros dun avión civil. Tras 15 anos en prisión, diferentes colectivos reclaman a súa liberdade ao goberno norteamericano.
Ao acto na Praza da Peregrina acudiron concelleiros do BNG do goberno local como Demetrio Gómez e Carme da Silva, ademais de integrantes de Galiza Nova, BNG, Xuventudes Comunistas e Anova.
Durante o acto leuse un manifesto reclamando a liberdade dos cinco cidadáns cubanos.