Traballos de conservación no arboledo das zonas verdes de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis, a través da concellería de Medio Ambiente, leva a cabo un plan de conservación de espazos naturais e arboledo que inclúe tarefas especializadas de mantemento e poda fitosanitaria nas árbores da Praza dás Árbores, Horta do Cura e do paseo fluvial do río Gallo.
A intervención consiste en acondicionar e mellorar estes espazos verdes a través de podas de saneamento, de recorte e de seguridade para garantir un correcto crecemento destes exemplares e eliminar as ramas en mal estado.
Martín Álvarez, responsable deste departamento, cualifica de " moi importantes" estas actuacións polas grandes dimensións que alcanzan algúns destes exemplares e pola cantidade de ramas secas ou gretadas como consecuencia dos temporais.