Rouban tarxetas de crédito en Vilaboa para gastar 3.000 euros en compras pola Internet
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Polo menos catro traballadores dunha empresa de Vilaboa foron vítimas dunha estafa que se remonta ao pasado mes de decembro. Os presuntos autores, que xa están a ser investigados pola Garda Civil, son un empregado do servizo de limpeza e a súa parella.
Os dous sospeitosos, que residen en Redondela, roubaron as tarxetas de crédito das vítimas e gastaron uns 3.000 euros en compras a través de Internet.
A investigación da Garda Civil comezou o pasado mes de decembro despois dun home denunciase en Moaña varios cargos na súa tarxeta de crédito por compras a través de Internet que non realizara.
As sospeitas dos investigadores dirixíronse á contorna laboral da vítima tras coñecer que o mesmo pasáralles a outros cinco empregados da sua mesma empresa, situada en Vilaboa.
Os axentes descubriron que un traballador do servizo de limpeza da empresa accedera aos vestiarios e subtraeura, polo menos, as tarxetas de crédito de catro empregados coas que fixo varias compras por Internet.
O home realizaba as compras a través do teléfono ou móbil da súa parella sentimental e enviábanas ao domicilio de ambos en Redondela, pero a nome doutra persoa para encubrir as súas identidades.
Ambos están investigados polos delitos de estafa por uso fraudulento de varias tarxetas bancarias, furto e usurpación de identidade.