Amplíase ata o venres 8 o prazo para donar a árbore de Nadal e permitir a súa replantación
Por Redacción
'Rearborízate' é o programa que ofrece unha segunda oportunidade ás árbores naturais que se utilizaron durante estas festas de Nadal. O Concello de Pontevedra ampliou o prazo ata o 8 de xaneiro ás 12.00 horas para aquelas persoas que queiran doar a súa árbore ou participar na súa replantación.
As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa concellería de Montes a través do teléfono 986.804.300 (extensión 7538) ou cubrindo o formulario habilitado na páxina web do Concello antes do 5 de xaneiro.
A intención é que estas árbores poidan alongar a vida despois do seu uso durante estas festas. A Comunidade de Montes de Tomeza ofrece á concellería de Montes que xestiona Alberto Oubiña unha parcela en que as persoas propietarias das árbores poden replantar o seu exemplar. Tamén se pode ceder ao Concello, no que caso de que non queiran asumir directamente o reformulo.
O Concello, unha vez realizada a inscrición, poñerase en contacto con cada participante para informarlles das datas para a plantación ou, no seu lugar, onde deben deixar a especie.
O Concello piden que a árbore se atope durante as festas afastado de fontes de calor e, se é posible, preto dunha xanela e preferiblemente con aire fresco. Require unha rega abundante pero sen enchoupar as raíces para que sobreviva. Deberán conservar o seu terrón e non deben ter as pólas cortadas. Do contrario, non será posible que se salven.