Instalan un buzón na Praza de Ourense para as cartas dirixidas aos Reis Magos
Por Redacción
Todos os nenos e nenas que queiran escribirlle directamente aos Reis Magos poden xa depositar as súas cartas no buzón real que se instalou na Praza de Ourense.
Esta caixa de correos permanecerá alí os próximos días para a petición dos agasallos.
Esta iniciativa do Concello de Pontevedra foi promovida polo edil socialista Iván Puentes, que foi o primeiro en enviarlle por esta vía os seus desexos ás Súas Maxestades de Oriente.
Un destes anhelos, segundo avanzou, é que no 2021 se lle dea un impulso ao proxecto municipal para liberar o río dos Gafos.