A borrasca Bella arremete contra a decoración de Nadal de Pontevedra
Por Redacción
Pontevedra librouse dos efectos máis adversos da borrasca Bella, que deixou cuantiosas choivas e fortes ventos en gran parte do país. Pero non toda a cidade saíu indemne deste fenómeno meteorolóxico.
A decoración do Nadal foi unha das grandes damnificadas. A bóla de nadal situado na confluencia de Daniel da Sota con Peregrina amenceu envorcada.
Os operarios responsables da iluminación do Nadal xa se puxeron ao choio para solucionar este incidente e deixala de novo ancorada á calzada.
Desde a empresa responsable da instalación das luces, aseguran que este episodio non se debeu directamente ao temporal senón a un accidente de circulación. Un vehículo enganchou nun cable e arrincouna da súa ancoraxe. A bóla, reiteran, estaba debidamente suxeita ao chan.
Ademais, o barco pirata instalado en Pintor Laxeiro, dentro da iniciativa Ponte Xogos, caeu polo vento. Sinalizouse con cinta policial e informouse aos servizos técnicos para a súa restauración.
O resto de intervencións, segundo explicou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, foron "anecdóticas".
A borrasca provocou as caída árbores á altura da praia fluvial, que xa foron retirados da calzada. Tamén se desprenderon pequenos anacos da fachada dun edificio situado entre Poza dos Canos e Teixoeira.