Nadal en Galicia: Dúas unidades familiares, máximo seis persoas, mesa ampla e habitación ventilada
Por Oskar Viéitez
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña presentou este mércores o plan de Nadal en Galicia que recomenda que as reunións nas celebracións do Nadal consten unicamente de "unha unidade familiar" en todas as festas.
O conselleiro, tras a reunión do comité clínico que asesora ao Goberno galego, insistiu na recomendación de única "burbulla de conviventes" e advirte, "non nos fagamos trampas ao solitario" reuníndonos con persoas distintas en cada unha das comidas.
Se esta burbulla tense "que romper por algún motivo", por exemplo a posibilidade de "incorporar algunha persoa adicional a esta celebración" en casos de persoas maiores que vivan soas, o comité establece un tope de seis persoas, cómputo no que non contarán os menores de dez anos.
Como "máximo" só poden xuntarse dúas unidades familiares.
Esquezamonos do termo de achegados, o conselleiro insistiu en que Galicia rexe o concepto de "conviventes".
Outras recomendacións: Nos días previos á reunión o máis recomendable é reducir as relacións sociais. E o día día da reunión pídese que preferentemente que está teña un tempo limitado, que sexa ao aire libre ou ventilar ben abrindo as xanelas. Ademais débese manter posta a máscara e a mesa ten que permitir unha distancia entre comensais de 1,5 metros. Ademais a mesa debe ser posta por unha única persoa. E, non saudar, non compartir bebidas nin alimentos e se alguén se levanta, desinfectarse antes de volver.
Haberá peche perimetral da comunidade entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, pero está permitido o reagrupamiento familiar.
Para todas aquelas persoas, especialmente os estudantes, que regresan ás súas casas polo Nadal, o conselleiro lembrou que é obrigatorio o rexistro de viaxeiros. En coordinación coas áreas sanitarias, as persoas que cheguen a Galicia anótanse e recibirán unha chamada para darlles cita para a proba.
Durante todo o Nadal o toque de queda seguirá vixente entre as 23.00 e as 6.00 horas fóra de dous días: Noiteboa e Noitevella cando se atrasa á 1.30.
García Comesaña subliñou que "nos atopamos nun momento de extremado risco" e cunha previsible terceira onda en xaneiro.
A día de hoxe Galicia presenta "unha certa paralización" do descenso de casos, que se pode deber á apertura de medidas e o aumento da interacción social.
"Vou ser claro, este é o último Nadal sen vacina. Non tiremos todo o esforzo. Pídolle que o Nadal se viva doutro xeito", sentenciou o conselleiro.
Relacionadas:
-
A Garda Civil intensifica o control das reunións ou festas privadas e os horarios de peche de locais
Por Redacción |
-
O Plan de Nadal reláxase do 23 ao 25: as cidades abren para visitas familiares
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Área sanitaria de Pontevedra: "preparámonos para unha repunta entre 7 e 14 días despois de Nadal"
Por María José Pita |