A Garda Civil intensifica o control das reunións ou festas privadas e os horarios de peche de locais
Por Redacción
A necesidade de cumprir as normas sanitarias para previr a expansión da covid-19 mantense en Nadal, e a pesar de que durante estas datas realizouse una certa relaxación das restricións, por iso é polo que a Garda Civil decidiu intensificar os controis para o seu cumprimento.
Os axentes centrarán a súa atención nos lugares de reunión durante as datas do Nadal e durante todos estes días farán unha vixilancia especial sobre o control de aforos en lugares públicos e establecementos, o cumprimento dos horarios de peche na hostalería e as reunións ou festas privadas.
Ademais, non esquecerán outras medidas sanitarias aprobadas contra a covid-19 como o uso da correspondente máscara ou a distancia de seguridade interpersoal, que son de obrigado cumprimento.
A Xunta modificou a normativa aplicable en Galicia entre as 00.00 horas do 23 de decembro e as 23.00 horas do 25, con motivo do Plan Nadal, e eliminou os peches perimetrais dos territorios que teñen restricións específicas pola elevada incidencia da enfermidade, como Pontevedra, Poio e Marín, de modo que a Garda Civil centrará os seus esforzos na vixilancia e control das medidas sanitarias.
Este incremento de vixilancia recaerá principalmente nas unidades de seguridade cidadá e en ningún caso implicará que se deixe de realizar controis de mobilidade.
De feito, a Garda Civil anuncia que seguirán realizándose para garantir o cumprimento das restricións de mobilidade en horario nocturno, pois segue en vigor o toque de queda ata as 23.00 horas cada día, excepto para este xoves 24 de decembro, pois se alongará ata as 1.30 horas da madrugada do 25.