Carme da Silva: "As cadeiras de madeira esgotáronse na provincia con motivo da Feira Franca"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A concelleira de Fiestas, Carme da Silva, sinala que a afluencia deste ano á Feira Franca foi masiva e como reto propúxose intentar que para as próximas edicións se faciliten os desprazamentos entre os distintos espazos do centro histórico.
Para ofrecer mostras do éxito desta edición, a concelleira indicou que se esgotaran as cadeiras de madeira en toda a provincia debido ás propias solicitudes realizadas dende a organización como a través de particulares. Ademais, apuntou ás dificultades que se produciron na cidade para subir datos a través da telefonía móbil que relacionou co número de visitantes que subían fotos da festa medieval a través das distintas redes sociais.
Da Silva indicou que se montaron 265 mesas de comidas e ceas de particulares e agradeceu todas as facilidades que ofreceran atendendo ás indicacións da organización. Tamén agradeceu a actitude dos hostaleiros pero apuntou a que "nos dirixeremos a algúns hosteleiros para que se esforcen un pouco máis".
Ademais recordou que non se produciran incidentes salientables. Realizáronse 60 atencións por parte dos servizos sanitarios con cuestións de importancia leve.
O departamento de comunicación do Concello indicou a PontevedraViva que a cantidade de lixo recollido tras a celebración da Feira Franca foi de 35 toneladas.