O TSXG confirma 12 anos e medio de cárcere para o acusado de tentar asasinar á súa parella cunha arma branca en Cangas
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de confirmar unha condena de doce anos e medio de cárcere para Juan Carlos G.N., un veciño de Cangas que tentou asasinar á súa parella en febreiro de 2019 cunha arma branca no domicilio que compartían.
O home foi xulgado pola sección cuarta da Audiencia Provincial nun xuízo no que non só negou cravarlle unha arma branca á súa parella, senón que mesmo asegurou que foi ela a que tento atacarlle a el. Unha vez que foi condenado, recorreu, pero o TSXG confirma a súa condena.
A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza previa da a Audiencia Provincial de Pontevedra, que considera acreditado o "ánimo homicida" do acusado, pois a vida da muller correu "un risco vital que só foi evitado coa rápida actuación médica".
Os maxistrados destacan na sentenza que o condenado dirixiu a agresión cara ao pescozo da súa compañeira sentimental, polo que a lesión "resultase inevitablemente mortal ao afectar á vea carótida ou arteria yugular".
Como consecuencia da agresión, a vítima ten dificultades na inxesta de alimentos e, ademais, tivo que cambiar de comunidade autónoma por causa da tensión postraumática.
O acusado recorreu a sentenza ante o TSXG alegando desistencia, pero o TSXG non ten en conta os seus argumentos e subliña que cesou no seu ataque "cando xa levara a cabo varios de execución potencialmente mortais". O tribunal confirma que estamos "ante unha tentativa e non ante unha desistencia".
Ademais, confirma a aleivosía coa que actuou o acusado, de modo que os feitos deben cualificarse como asasinato en grao de tentativa e non homicidio.
Relacionadas:
-
Doce anos e medio de cárcere para un home que tentou asasinar á súa parella cunha arma branca
Por Natalia Puga |
-
A vítima dun intento de asasinato machista: "Temí por mi vida, la de mi hija y la de mi prima"
Por Natalia Puga |
-
Piden 14 anos de cárcere para un home que intentou matar á súa parella a coiteladas
Por Redacción |