Un condutor sae ileso despois dun brutal choque contra unha escavadora estacionada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un vehículo colidiu contra unha pá escavadora estacionada na beiravía.
O accidente tivo lugar ás nove da mañá deste domingo na estrada de Pontevedra - Vilagarcía, á altura da rotonda de San Simón en Baión no termo municipal de Vilanova. Foi fronte á Churrasquería A Capela.
Segundo informan dende Protección Civil de Cambados, o condutor e único tripulante do vehículo saíu ileso despois de colidir frontalmente.