Os Bombeiros liberan en Eduardo Pondal a man dun neno de 8 anos atrapada nunha porta
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dúas dotacións dos Bombeiros tiveron que acudir este mediodia á rúa Eduardo Pondal. No edificio número 34, un neno de 8 anos tiña atrapada unha man nunha porta do interior dunha vivenda.
Os bombeiros foron chamados, segundo informaron dende o propio Parque municipal, e tiveron que intervir cunha cuña para forzar a porta na que o neno tiña enganchados varios dedos dunha das súas mans. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local e unha ambulancia do 061.
Unha vez liberado, o menor que sufría mazaduras na man foi trasladado a un centro hospitalario da cidade para comprobar a gravidade das feridas.