Moreira: "Louro está con el PP cuando piensa en Pontevedra, pero está con Lores cuando piensa en el bolsillo"
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular, Jacobo Moreira, realizou unha dura crítica ao concelleiro do PSOE, Antón Louro, en relación coa reactivación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Moreira referiuse ao líder do grupo socialista sinalando que "ya sabemos que el señor Louro está con nosotros, pero la realidad es que está con el alcalde cuando piensa en el bolsillo".
O portavoz popular fixo esta referencia en relación cos temas nos que incidirán neste curso político ao goberno municipal. Ademais de presionar para que o PXOM se reactive, queren lograr a transparencia nas contas municipais para que "el ciudadano sepa lo que le cuesta cada ejercicio"" e a rebaixa dos impostos directos aos cidadáns coa contrapartida do incremento impositivo a Ence e a Elnosa "hasta el máximo que permita la ley". Jacobo Moreira criticou tamén a parálise investidora na cidade e o abandono das parroquias por parte do goberno de Fernández Lores.
Segundo sinalou o labor que realizan na oposición sempre obtén froitos e algunhas propostas son "copiadas" por parte do goberno local e, neste sentido, citou o caso da reforma de Benito Corbal presentada anteriormente polo PP.
FEIRA FRANCA
Moreira quixo tamén se referir á Feira Franca agardando que os pontevedreses disfruten nesta festa que "es la primera vez que lleva la vitola de ser fiesta de interés turístico gallego declarada así por la Xunta de Galicia de Núñez Feijóo. Gracias a la Xunta por este impulso y deseamos que, este año, la fiesta tenga más impulso que nunca". O voceiro popular non aclarou se se disfrazaría para o evento pero si apuntou que acudirá á festa.