O Concello de Poio urxe á Xunta para que instale a marquesiña en Raxó
Por Redacción
A tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada, insta á Xunta de Galicia a que axilice "dunha vez por todas" os trámites para instalar unha marquesiña na parada de autobús situada no punto quilométrico 10+310, nas proximidades da estación de servizo de Raxó.
Trátase dunha actuación que foi reclamada en varias ocasións tanto por parte do Concello coma dos veciños, xa que actualmente os escolares vense na obriga de agardar polo transporte escolar á intemperie.
A tenente de alcalde e concelleira de Obras non entende a demora por parte da Xunta de Galicia á hora de levar a cabo esta tarefa.
A Chelo Besada tamén criticou a "inacción" por parte da Xunta de Galicia á hora de dar resposta ao escrito enviado hai un meses, no que se lle daba traslado dunha serie de propostas, que tiñan en conta diferentes peticións veciñais, para mellorar o tramo da PO-308 entre Samieira e Raxó, recentemente reformado pola Consellería de Infraestruturas.
Foi no verán cando o Goberno local de Poio solicitou, por exemplo, a dotación de máis pasos para peóns ou a continuación da beirarrúa que non foi executada na marxe esquerda nunha entrada existente para vehículos entre os números 20 e 22 da avenida do Covelo, en Samieira. Propúñase a maiores resolver os problemas de tránsito peonil detectados entre as avenidas da Toxa e O Laño, onde tamén se eliminaron prazas de estacionamento.
Relacionadas:
-
Nas vindeiras semanas reubicarase a parada de autobús na Travesía de Laño
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poio solicita á Xunta marquesiñas en Albar e Raxó
Por Redacción |
-
A Consellería entrega a marquesiña para instalar na estrada PO-308 en Raxó
Por Redacción |
-
A Xunta facilitará unha marquesiña para instalar en Raxó na estrada PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Poio insistirá na petición á Xunta dunha marquesiña para os escolares de Raxó
Por Redacción |