A nova directiva da Zona Monumental trata co Alcalde solucións para a recuperación económica
Por Mónica Patxot & Redacción
A nova directiva da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental presentábase este xoves nunha entrevista co alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores. Durante o encontro tratáronse tamén temas relacionados coa situación actual provocada pola pandemia e as previsións de fronte ao futuro co obxectivo de que se produza unha recuperación económica.
Durante este encontro participaron o presidente da asociación Miguel Lago Rey; a tesoureira Marta González Curros; a vogal Carlota Magariños Pensado; e a xerente da entidade, Mónica Tomé.
Tanto o alcalde como os representantes de Zona Monumental coincidiron, no intercambio de impresións, na necesidade de resolver a crise sanitaria para, a continuación, levar a cabo unha recuperación económica.
Fernández Lores manifestou a intención do Concello de seguir colaborando na dinamización do centro histórico, coa idea de fortalecer ao comercio e á economía local. Nesta liña, o rexedor lembrou que o casco antigo da cidade sempre foi prioritario para o goberno local e mantén a súa intención de promover a actividade comercial nesa contorna. Tamén agradeceu a actitude positiva e de colaboración que sempre promove este colectivo.
Relacionadas:
-
'Este Nadal merca na Zona Monumental', a campaña para animar as compras no comercio local
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Que bares e restaurantes de Pontevedra teñen servizo de entrega a domicilio?
Por Redacción |
-
Cruz Vermella e Zona Monumental promoven a igualdade de trato no mercado laboral
Por Redacción |
-
Zona Monumental renova a súa directiva, na que Miguel Lago repite como presidente
Por Redacción |