'Este Nadal merca na Zona Monumental', a campaña para animar as compras no comercio local
Por Mónica Patxot & María José Pita
A Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental presentaba este venres a súa campaña para dinamizar o comercio do Centro Histórico durante o período do Nadal cunha chamada tanto aos visitantes como aos pontevedreses para que realicen as súas compras nos negocios locais.
Este ano, a asociación de comerciantes da Zona Monumental fixo un esforzo para que a situación sanitaria afecte o menos posible á viabilidade dos comercios de proximidade. "Dada a pandemia que estamos a vivir, tivemos que desenvolver novas ideas para poder chegar e promocionar a zona e atraer a clientes e persoas a pasear e a gozar da zona", apuntaba Miguel Lago, o presidente da Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Estas ideas materializáronse na campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental', á que se sumaron mesmo establecementos situados no Centro Histórico que aínda non pertencen á Asociación, "xa que debido aos duros momentos que estamos a vivir, cremos que todos xuntos seremos máis visibles para os nosos clientes", comentaba Lago. Deste xeito, estima que preto de 60 establecementos comerciais, hostaleiros e de alimentación participarán nesta iniciativa.
A campaña poñerase en marcha na Zona Monumental do 15 de decembro do 2020 ao 5 de xaneiro de 2021. Nos establecementos participantes repartirase o cartel identificativo, así como os boletos que se repartirán aos clientes que, no mesmo momento da compra, saberán se a súa papeleta foi premiada.
'Este Nadal merca na Zona Monumental' repartirá os seguintes premios:
- 200 premios de 10 euros para gastar nos establecementos participantes na campaña e cuxos nomes pódense consultar na web: www.ccuzonamonumental.es. Estes 10 € serán abonados polo CCU Zona Monumental. Non serán válidos para gastar no establecemento que selou o boleto.
- 500 kit anticovid formados por máscara, porta-máscara e xel. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación situada na rúa Serra, nº 1, baixo, de luns a venres de 11 a 14 horas.
- 500 bolsas reutilizables. O cliente premiado poderá recollelo presentando o boleto na sede da Asociación.
No caso de que non se obtivese premio directo, poderase optar a gañar 10 vales compra de 20 euros cada un para volver gastar nos establecementos participantes, no sorteo que se efectuará o 8 de xaneiro ás 13 horas na sede da Asociación.
Relacionadas:
-
Estes son os gañadores da campaña: "Este Nadal merca na zona monumental"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A campaña 'Este Nadal merca na Zona Monumental' entra na súa recta final
Por Redacción |
-
Centos de persoas xa trocaron o seu premio por mercar na Zona Monumental
Por Redacción |
-
Os comercios da zona monumental terán decoración do Nadal feita por usuarios da Asociación Alba
Por Redacción |
-
Zona Monumental prepara unha nova campaña para dinamizar o comercio no centro histórico en Nadal
Por Redacción |
-
A nova directiva da Zona Monumental trata co Alcalde solucións para a recuperación económica
Por Mónica Patxot & Redacción |