O PP presenta á Plataforma de Afectados pola Covid o seu plan de rescate
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado do concelleiro Pablo Fernández, presentou este luns o seu plan de rescate municipal aos hostaleiros e autónomos de diferentes sectores que conforman a Plataforma de Afectados pola Covid en Pontevedra.
A proposta dos populares inclúe case 7 millóns de euros en axudas directas, "un proxecto audaz, pero realista, á altura do desafío ao que nos enfrontamos", dixo o voceiro do PP.
Rafa Domínguez detallou aos afectados en que se basean cada unha das axudas: creación dunha liña de subvencións valoradas en 1,8 millóns de euros para empresas con menos de dez traballadores fixos, 1,2 millóns para converter contratos temporais en indefinidos, axudas ao pago de ata o 50% do aluguer durante tres meses e compensacións polo pago da cota de autónomos.
Segundo a información que traslada o PP, desde esta Plataforma compartiron con eles a necesidade da supresión da taxa de veladores e abolición da de lixos.
Domínguez defendeu que "a única administración que l¡este mesmo mes disporá de axudas a estes sectores é a Xunta de Galicia" e fronte ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo, o popular contrapuxo á Deputación e ao Concello de Pontevedra. Segundo o portavoz do PP local, a Deputación é a "única Administración provincial galega sen unha partida específica para axudar aos autónomos, ás pemes e ao sector hostaleiro", e o Executivo do alcalde Miguel Anxo fernández Lores "nin é consciente de cales son as demandas da sociedade nin fai absolutamente nada para reverter a situación".
"De pouco serve que o PSOE de forza e tranquilidade aos afectados, cando votaron en contra sistematicamente de todas as propostas económicas que presentamos, acordadas cos axentes económicos e comerciais da cidade", queixouse Domínguez.
Rafa Domínguez rematou dicindo que "as dúas únicas medidas do goberno de Lores para loitar contra a pandemia foron pechar ao tráfico unha rúa e cambiarlle o nome a outra".
Relacionadas:
-
Lores traslada á comisión parlamentaria unha vontade negociadora e a necesidade de crear cidades "habitables" para reactivar a economía
Por Redacción |
-
Queda formalmente constituída a PAC para aglutinar a "calquera cuxa actividade se viu truncada polo covid"
Por Redacción |
-
O PP local traslada ao sector empresarial as súas propostas de axudas para facer fronte a crise
Por Redacción |
-
Os hostaleiros inician unha campaña de captación de apoios á plataforma de afectados pola covid-19
Por Manu Otero |
-
Rafa Domínguez propón un plan integral de 7 millóns de euros para axudar o emprego e comercio local
Por Redacción & Mónica Patxot |