Reparan a avaría no saneamento de Caños de Moledo en Ardán
Por Redacción
O Concello de Marín está levando a cabo a reparación dunha avaría nun treito do saneamento no lugar de Caños de Moledo, na parroquia de Ardán, utilizando unha tecnoloxía punteira para a realización deste tipo de traballos.
A empresa Canalis, encargada de arranxar a avaría no saneamento, realizou unha inspección visual cun equipo robotizado que permitiu acceder a toda esta zona de difícil acceso. Ademais, levarase a cabo unha limpeza e desatasco dos residuos que poidan aparecer na rede de saneamento por medio dun camión hidrodinámico de alta presión.
Para rehabilitar o colector danado, utilizarase unha técnica de encamisado, que utiliza un material a base de fibra de vidro e redes de poliéster.
O orzamento da actuación ascende a preto de 12.379 euros.
Relacionadas:
-
Avanza a tramitación do proxecto do colector que resolverá os problemas de saneamento en Ardán
Por Redacción |
-
As toalliñas húmidas atascan a rede de saneamento de Marín
Por Redacción |
-
Ardán contará cun novo colector que sustituirá á actual depuradora de Pastoriza
Por Oskar Viéitez |
-
Marín adxudica a mellora do camiño de Arealonga-O Marco na parroquia de San Xulián
Por Redacción |