A Garda Civil denuncia o condutor dun camión que transportaba un vehículo sobresaíndo a carga
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil de Tráfico denunciou o condutor dun camión que transportaba unha furgoneta que sobresaía pola súa banda posterior.
Segundo informaron fontes oficiais do instituto armado, ás 12:55 horas do pasado venres, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Vilaboa, detectou un vehículo camión-caixa, circulando pola nacional N-550, ao seu paso por Vilaboa.
O vehículo ía sen ningún tipo de suxeición que puidese evitar risco para a circulación, diante dunha posible caída da carga transportada.
O condutor, veciño da localidade de Poio, tamén foi denunciado por ter caducados tanto o permiso de condución como a ITV do vehículo.
As tres infraccións son consideradas como infraccións graves, o que supón unha sanción de 200 euros para cada unha delas.