Consulta as medidas que se aplican esta fin de semana nos cemiterios de Pontevedra
Por Redacción
Todos os cemiterios municipais – San Amaro, Ponte Sampaio, Lérez, Bora e Campañó - contan dende este venres con cartaces á entrada nos que estarán contempladas medidas con indicacións xerais contra a covid-19 que haberá que ter en conta durante toda a fin de semana con motivo do Día de Defuntos e a masiva afluencia aos cemiterios. Son indicacións como o uso obrigatorio de máscara, a distancia de seguridade ou a limitación no acceso a ferramentas ou espazos de uso compartido e cuestións máis específicas como a limitación da permanencia no camposanto a un máximo de 30 minutos e en grupos de máximo 4 persoas.
A maiores destas normas e das que se publicaron esta semana en PontevedraViva, a concelleira Carme Fouces fai un chamado á responsabilidade de todo o mundo para que teña en conta que "o mes de novembro é o mes de Santos e non é necesario que nos aglomeremos todos ese día nos cemiterios. Espallemos todo o posible as visitas, sobre todo no caso da xente maior, que se achegue con anterioridade ou mellor a posteriori para evitar aglomeracións".
Por dimensións e afluencia, San Amaro estará dotado con sinalización vertical e horizontal en todo o camposanto indicando o sentido de circulación que os/as visitantes deberán seguir en todo momento. O acceso ao mesmo só se poderá realizar a pé, pero permitirase o acceso de vehículos pola porta lateral previa solicitude telefónica no caso de persoas con mobilidade reducida.
En relación ao tránsito de vehículos nas inmediacións dos camposantos, San Amaro e Lérez contarán con operativos de tráfico para regular a afluencia prevista.
Relacionadas:
-
A Policía Local regulará o tráfico nos cemiterios de San Mauro e Lérez para evitar atascos
Por Redacción |
-
Os cemiterios municipais prepáranse para o día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Sanxenxo adianta o dispositivo anticovid nos cemiterios para garantir o cumprimento das medidas sanitarias
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio fará cortes puntuais nalgunhas rúas próximas aos cemiterios
Por Oskar Viéitez |
-
Os conserxes controlarán o cumprimento do aforo nos cemiterios de Marín por Defuntos
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico nos accesos aos cemiterios desde o venres ata o domingo
Por Redacción |