Fernández Lores: "Teño as miñas dúbidas de que o confinamento perimetral de dous días sirva para algo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, manifestaba este venres, unha vez coñecidas as medidas de limitación ata o martes 3 de mobilidade perimetral na área de Pontevedra, Marín e Poio, que todas as decisións que vaian en relación coa diminución da mobilidade e dificulten a transmisión do virus son positivas.
Pero tamén entende que tomar medidas tímidas só prolongarán a situación de crise. "Se non se toman medidas e a repercusión se incrementa, vai ser peor", apuntou o rexedor que sinalou que esta medidas adoptadas pola Xunta de Galicia son similares ás aprobadas pola Comunidad de Madrid.
"O Concello de Pontevedra vai apoiar todas as medidas que teñan que ver coa loita do virus e impedir a transmisión", afirmou o alcalde da capital pero deixou entrever que chegan tarde. Neste sentido, Fernández Lores sinalou que o exemplo da mellor xestión da crise do coronavirus se observa nos países asiáticos e utilizou como exemplo o caso de China con confinamentos de poboacións concretas para impedir que os contaxios afecten o resto da poboación.
"A súa economía xa está medrando", apuntou, "e aquí andamos detrás do bicho en lugar de atrapar o bicho e inmobilizalo".
Lores indicou que se sabe que en Pontevedra hai casos asintomáticos e que estas medidas, establecidas polo equipo de expertos clínicos, adóptanse para que o virus non se estenda. Con todo mostrou as súas dúbidas sobre a duración destas limitacións.
"Teño as miñas dúbidas de que o confinamento perimetral de dous días sirva para algo. Os confinamentos, segundo os especialistas, deben ser de dez días", concluíu.
Relacionadas:
-
A hostelería sucumbe ante as novas medidas. Pepe Solla: "Esto nos está dilapidando. Nosotros no somos el problema"
Por Almu Dapena |
-
Se vives en Pontevedra, Poio ou Marín, estas son as razóns polas que podes saír do municipio ou facer reunións entre non conviventes
Por Manu Otero |
-
Sanidade 'confina' Pontevedra, Marín e Poio e limita as xuntanzas só aos conviventes
Por Alejandro Espiño |
-
A covid-19, sen freo en Pontevedra: 899 casos activos, tras 79 contaxios nun día
Por Alejandro Espiño |