Vilagarcía acolle unha gala benéfica para axudar unha familia de Arealonga
Por Redacción
A asociación de amas de casa e consumidores O Noso Lar de Vilagarcía organiza o vindeiro sábado sábado 7 de setembro un festival solidario para axudar a unha familia necesitada da parroquia da Nosa Señora da Xunqueira. A gala usará con fins solidarios a recadación pola venta das entradas na mesma liña do que xa fixeron en 2012, cando usaron o diñeiro recolectado para apoiar as persoas necesidades da parroquia Santa Baia de Arealonga.
A iniciativa conta coa colaboración da Concellería de Cultura, da parroquia da Xunqueira e da Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN) e celebrarase o sábado a partir das 21.00 horas no auditorio municipal.
As entradas custan 3 euros e xa se poden adquirir nas oficinas da propia asociación no segundo andar do auditorio, en horario de 11.00 a 13.30 horas. Tamén están á venta na parroquia da Nosa Señora da Xunqueira de 20.00 a 22.00 horas e na sede da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, sita na Praza de Galicia, de 10.00 a 13.30 horas. O día da función poderanse adquirir na billeteira do auditorio a partir das 19.00 horas.
O espectáculo deseñado por O Noso Lar para a velada do sábado contará con tres partes. Na primeira terá lugar a actuación máis tradicional dos festivais que organiza este colectivo: a actuación do seu grupo de teatro, todo un clásico e unha das pezas máis esperadas por moitos vilagarciáns.
Na segunda parte da gala, Luisa Gundín será a encargada de dramatizar o romance de Rafael León, La voz en la sangre, interpretación que revestirán musicalmente a soprano de Carril, Loli Crespo, e o pianista Alejo Amoedo. A música adquirirá todo o protagonismo na terceira e última parte do programa coas actuacións das sopramos Loli Crespo e Marian Rodríguez, que tamén contarán co acompañamento ao piano de Alejo Amoedo.