VIDEO.- Avaría da rede de auga potable na praza da Peregrina
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra rexistrou esta madrugada, sobre as 4.40 horas, unha avaría da canalización de auga potable á altura da praza da Peregrina (ao carón da tenda Orange).
Afectou a unha tubaxe de 100 milímetros que deixou sen auga aos números pares da rúa Daniel de la Sota e na rúa Peregrina aos números impares do 1 ao 17. Tamén afectou á rúa González Zúñiga.
A avaría resolveuse a mediodía.