O luns chega con cortes de tráfico por obras na avenida de Compostela e a ponte dos Tirantes
Por Redacción
Este luns 2 de setembro, primeiro día laborable tras as vacacións para moitos pontevedreses, chegará á cidade con restricións de circulación. A Policía Local deseñou dispositivos de tráfico para garantir a mobilidade pola cidade a pesar de que permanecerán cortados senllos carrís na ponte dos Tirantes e a avenida de Compostela.
A partir das 8.30 horas procederase ao asfaltado da glorieta sita na intesección entre a rúa Alexandre Bóveda e a ponte dos Tirantes. A duración das obras será de dous días, normalizándose de novo a circulación na tarde do martes.
Garántese en todo momento o acceso á cidade pola rúa Alexandre Bóveda e ao aparcadoiro do Recinto Feiral, pero estará pechado o carril de saída da ponte dos Tirantes, desviándose esta circulación cara á ponte de Santiago.
Por outra parte, o Ministerio de Fomento comunica que se van a levar a cabo a reposición da calzada orixinal na avenida de Compostela unha vez rematadas as obras de construción do túnel do ferrocarril e que a actuación provocará unha afección na circulación de entrada a cidade dende o norte pola avenida de Compostela e a estrada nacional N-550.
A partir das 10.00 horas e ata o xoves 5 de setembro permanecerá pechado o carril de entrada a cidade pola avenida de Compostela no tramo entre a glorieta de Medico Ballina e a glorieta de Pasarón. A circulación de entrada desvíase pola rúa Medico Ballina cara as pontes do Burgo e As Correntes e pola nova variante de Monteporreiro cara a avenida de Bos Aires.
Para os vehículos procedentes de Caldas, o dispositivo de tráfico deseñado pola Policía Local de Pontevedra aconsellase o desvío polo enlace entre a N-550 e a estrada de Vilagarcía pola PO-225, para acceder a cidade polo Nó de Bombeiros. Non haberá ningún tipo de restricción no carril de saída da cidade.