Alerta en Benito Corbal por un escape de gas
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron unha mañá moi atarefada esta sábado. Poucos minutos antes das 11.00 horas, cando aínda estaban a realizar tareas de extinción dun incendio en San Antoniño, recibiron unha alerta dun axente da Policía Local que realizaba tarefas de regulación do tráfico na rúa Benito Corbal por un escape de gas no edificio número 50.
Os bombeiros dirixíronse ao lugar e comprobaron que se trataba dun edificio situado en fronte da antiga sede administrativa da Xunta de Galicia en Pontevedra. Houbo un problema na condución de gas propano que surte un depósito situado no ático.
Foi necesario pechar a chave de subministración porque se fuxía gas da condución e airear o edificio, pero non se requiriu o desaloxo dos veciños. A incidencia si despertou gran alerta entre os cidadáns, ao ser unha hora de moita actividada nesa rúa.
Menos de dúas horas máis tarde, os bombeiros tiveron unha terceira intervención. Produciuse ás 12.50 e consisitió en prestar axuda a unha muller que estaba soa na casa cunha nena pequena e un bebé na rúa José Millán e quedou pechada no patio de luces. Pediu auxilio porque as súas fillas quedaban soas na casa, pero finalmente a súa filla pequena axudou a abrir a porta e xa non foi necesario que os bombeiros continuasen coa intervención.