Piden colaboración cidadá para localizar o dono dun falcón peregrino que se move por Marín
Por Redacción
A Policía Local de Marín pediu este xoves colaboración cidadá para localizar ao propietario dun falcón peregrino que se detectou polo centro da localidade.
"Necesitamos a túa axuda para localizar ao propietario", piden a través das súas redes sociais e acompañan a publicación cunha foto do animal.
O falcón peregrino viuse polo centro de Marín e, como indicación para o seu propietario, indican que leva unha argola de coiro.