Noite de autocine en Marín
Por Redacción
A Praza do Regueiro converteuse na noite deste sábado nun autocine no que se puido ver dende o coche a proxección ao aire libre da película Joker.
Unha iniciativa coa que se buscaba ofrecer unha alternativa cultural aos consumidores máis fieis do comercio e da hostalaría locais da vila, xa que as entradas conseguíronse acumulando 50 euros en tickets de compra.
A pandemia do coronavirus rescatou esta fórmula de lecer como unha maneira segura de poder gozar da sétima arte. A intimidade que antes buscaban as parellas no interior do vehículo deu paso á barreira que agora se persegue para manter a distancia social.