A Garda Civil localiza unha explotación ilegal de cría de animais silvestres e pezas de caza
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil descubriu no municipio de Cerdedo-Cotobade, unha explotación ilegal que se dedicaba á cría de animais silvestres e pezas de caza en catividade, onde se interviñeron varios exemplares híbridos de xabaril procedentes de cruces con porcos domésticos, ademais dalgunhas pezas de caza en catividade.
Fuentes oficiais do Instituto Armado explicaron que o achado se produciu a finais do mes pasado, cando unha patrulla do SEPRONA (Servizo de Protección á Natureza) da Garda Civil de Pontevedra, inspeccionou unha explotación gandeira situada en Cotobade.
O propietario da leira, alegou que as dúas femias mestizas que tiña, obtidas mediante o cruzamento dun porco celta e un xabaril, adquiríraas noutra instalación, e que posteriormente se introduciu na leira un xabaril salvaxe que se cruzou cos outros exemplares.
O dono da explotación non achegou ningunha proba documental relativa á autorización administrativa para a tenencia dos devanditos animais, manifestando que o seu destino era para consumo propio.
Polos devanditos feitos formuláronse senllas denuncias por infracción ao artigo 80.1 m da Lei 42/2017 do Patrimonio Natural e Biodiversidade da Xunta de Galicia pola captura inxustificada de especies de fauna silvestre, e infracción ao artigo 85, apartado 22 da Lei 13/2013 de Caza de Galicia, pola posesión de pezas de caza vivas, cuxa procedencia non poida xustificarse.
Os exemplares das especies citadas, foron incautados, quedando estes baixo a custodia do denunciado, ao dispor do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.