Sanidade informa de 41 casos menos de covid na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este sábado 3 de outubro a Consellería de Sanidade informou que este sábado hai 722 casos activos na área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés isto supón 41 menos que onte venres.
Segundo o dato actualizado mantéñense 13 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización, dos que 11 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirònSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés.
Ademais hai 7 pacientes covid na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo.
Os outros 702 casos covid evolucionan nos seus domicilios con sintomatoloxías leves.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 1.466 pacientes (65 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 21 pacientes -a última, onte venres, unha muller de 82 anos que estaba ingresada en Montecelo e que presentaba patoloxías previas-.
En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas realizáronse 1.076, que se engaden ás 45.035 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.092, deles 848 son da área da Coruña, 503 da de Lugo, 891 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 460 da área de Vigo, 547 da de Santiago, e 121 da de Ferrol. En total son 111 casos activos menos que o venres.
Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 3.863 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.714 persoas curadas, rexistrándose 751 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 499.201