A Operación Sentinela Galego pecha a campaña de 2020 con máis de 100 incendios avistados
Por Redacción
O persoal militar da Base Xeneral Morillo de Pontevedra pechou a campaña 2020 da Operación Sentinela Galego de loita contra os incendios forestais.
Segundo informa a BRILAT, o balance é de máis de 100 avistamentos sobre incendios, conatos e queimas achegando ás Forzas de Seguridade do Estado información relevante en relación a persoas sospeitosas e diverso material incendiario, así como os posibles responsables dos mesmos.
O obxectivo da operación considérase cumprido, sendo o balance positivo, sinalan os seus responsables.
A Operación Sentinela Gallego iniciouse o 15 de agosto e finalizou o día 01 de outubro co repregamento de todo o persoal sobre a Base Xeneral Morillo. Neste mes e medio de operación despregáronse ao redor de 350 militares coa misión principal de vixilancia e disuasión e percorréronse máis de 4.600 quilómetros diarios polos montes galegos, sumando un total de máis de 220.000 quilómetros, o que supón máis de 1.500 patrullas realizadas. Así mesmo, realizáronse máis de 50 voos co sistema de avión non tripulado, sumando un total de máis de 3.500 minutos de observación e que permitiron a detección temperá de cinco incendios.
Participaron na campaña persoal e medios da Brigada Galicia VII (BRILAT) procedente dos seus tres basees en Pontevedra, Asturias e Valladolid, e do Terzo Norte de Infantería de Mariña, pertencente á Armada e con sede en Ferrol.