Martín Codax elabora un plan de igualdade entre homes e mulleres da adega
Por Redacción
A adega Martín Codax elabora un plan de igualdade para lograr a paridade entre homes e mulleres dentro da organización.
Esta cooperativa vitivinícola púxose en mans da Fundación Mulleres e desenvolveu un Plan de Igualdade que lles permitirá integrar o principio de equidade de trato entre homes e mulleres no ámbito laboral e continuar avanzando cara á paridade efectiva entre ambos os dous sexos dentro da organización.
A Fundación Mulleres, no diagnóstico previo ao plan, destacou o compromiso da adega coa igualdade de mulleres e homes nun sector que por tradición foi predominantemente masculino. Un compromiso que se adquiriu xa nas primeiras etapas da empresa e que continuou ao longo dos anos e se fai patente ante o progresivo incremento de mulleres no grupo empresarial.
Sinalan ademais que a responsabilidade de Martín Códax en relación ao respecto pola igualdade de xénero é tamén visible grazas á súa participación en proxectos como o Integra, cofinanciado polo Ministerio de Medio e Medio Rural e mariño, FEADER e Cooperativas Agro-Alimentarias cuxo obxectivo é apoiar a participación das mulleres nos ámbitos de toma de decisión de cooperativas.
Finalmente, a mesma fundación resalta o esforzo da adega por aumentar a presenza feminina na empresa nos últimos anos coas mesmas condicións que o resto de persoal así como a sensibilidade da cooperativa respecto ás necesidades de conciliación da vida laborar, familiar e persoal do plantel.