O PP tacha de "tremendamente irresponsables" as declaracións de Carmela Silva sobre os datos da pandemia
Por Redacción
O portavoz provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, saíu ao paso este sábado das declaracións da presidenta da Deputación, Carmela Silva, nas que acusaba á Xunta de ocultar datos da pandemia de Covid-19.
Cubela censurou estas manifestacións asegurando que "é dunha irresponsabilidade tremenda" acusando á presidenta provincial de realizar un "uso partidista e interesado" da crise sanitaria.
"Dubidamos que ela considere que sexa de axuda crear esta desconfianza e medo entre a cidadanía no medio da crise sanitaria", sinalou o portavoz popular.
Por todo iso "lamentamos esta actitude. Parece que para si mesma non aplica esa lealdade institucional que pedía, porque desde logo con estas declaracións a presidenta da Deputación non está á altura", concluíu Jorge Cubela.